martes, 17 de enero de 2012

Recursos para buscar traballo

A coidadosa elaboración do C.V. é o punto máis importante no principal traballo da nosa vida: "A BUSCA DE EMPREGO" As empresas solicitan novos requisitos para cubrir novos postos de traballo. Se sabemos satisfacer eses requisitos da forma máis atractiva, conseguiremos estar en posición vantaxosa fronte aos nosos competidores na busca de traballo. Os perfís solicitados polas empresas cada vez son máis especializados, requiren unha serie de actitudes e habilidades para cubrir uns postos determinados.
O Currículum Vitae é o escaparate da túa formación, a túa experiencia e as túas destrezas.

Debido ao desenvolvemento tecnolóxico da industria, hai un menor requirimento de man de obra. Este feito, unido a factores como o aumento de poboación, a incorporación da muller ao traballo e o boom dos servizos fai que cada vez se solicite persoal máis e máis cualificado, con maior grao de especialización e adaptación ás novas formas de traballo.

Cada vez é máis importante, non só o nivel de coñecementos adquiridos durante a carreira, senón tamén posuír unha serie de características persoais, habilidades e actitudes que os traballadores han de desenvolver no seu posto. O problema xorde cando esas actitudes e coñecementos se teñen pero non se saben comunicar dunha forma axeitada. Conscientes desta realidade, este "manual",é unha ferramenta que che pode ser de axuda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario