viernes, 30 de marzo de 2012

Curso de negociación: "Solucións negociadas a conflitos e dilemas"

A competencia é un concepto incompleto. A súa integración complementaria, a coopetición, require de altas doses de negociación para conseguir, a través da mediación e da resolución de conflitos, contornas máis propicias para o desenvolvemento persoal e corporativo.
Con este módulo formativo pretendemos dar a coñecer, practicar e profundar en técnicas efectivas de negociación e resolución de conflitos. O fin último, como cabe esperar, é conseguir contornas coopetitivas "win to win" que, a partir de procedementos intelixentes, propicien unha maior ganancia recíproca para todos os axentes afectos nun proceso.
O símil pedagóxico de base no que nos centraremos para o desenvolvemento expositivo é unha poxa simulada de obras de arte na que, ademais de familiarizar aos asistentes coas técnicas da poxa, trataremos de profundar na natureza das obras e dos procesos de negociación que levaron á súa execución ou que se esconden tras o seu trazo. Toda unha aventura na que o eixe disvcursivo son as técnicas de negociación.
Grupos, datas e horarios
  • Grupo 1: días 9,10,11 de abril de 9:00 a 14:00 
  • Grupo 2: días 12 e 13 de abril de 16:00 a 20:00 e 14 de abril de 9:00 a 14:00
  • Grupo 3: días 16, 17 e 18 de abril de 9:00 a 14:00

No hay comentarios:

Publicar un comentario